22 de outubro de 2015

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?


Estela, si, así se chama ela,  ten dezasis anos,  é  unha persoa sensible, afectanlle demasiado os problemas, ben sean propios ou de alguén alleo. É unha persoa testa, cando algo se lle mete na cabeza non hai maneira de que cambie de opinión sobre algo ou alguén, non sabe imporse contra ninguén, déixase levar. Pola contra é doado pedir a súa axuda e que atopes un si pola súa parte sen recibir nada a cambio, podes confiar nela, é e moi familiar. A súa avoa é a súa adoración, como unha deusa para ela. Gústalle moito a cor azul e normalmente vestir con algunha prenda escura xeralmente negra ou gris.( Sonia Casado Dacosta, amiga, 30 anos).
Con Uxía.



Ela é unha persoa traballadora, amiga dos seus amigos, moi responsable e gran amiga xa que é como a irmán maior que non teño. Ela axúdame en todo o que pode nos bos e nos malos momentos, dime as verdades e non se anda con rodeos. Encántalle pasar tempo con súa curmá pequena, coida dela como dun gran tesouro. Gustalle escoitar música para relaxarse.Pola contra ten  algún defecto, así como  virtudes, todos temos,  sente un odio unicamente por unha cousa, o cancro ( en concreto o de pulmón), e testa  aínda que  lle diga que estou ben ela sempre acaba por descubrir cando me atopo mal. Ponse nerviosa con facilida ainda que non sexa un problema dela, non recoñece as súas virtudes, só ve nela defectos principalmente no físico, ainda que llo negues,  non che da a razón. (Uxía Oviedo De Dios,case irmá,15 anos).

11 de outubro de 2015

ASÍ SON EU


Gústame:
Vistas de  Barcelona  2014
 Xogar a fútbol, sacar fotos, pintar cadros con óleo, pasar tempo coas miñas amigas/os, compartir gustos musicais con Uxía a miña mellor amiga, durmir con miña avoa e levarlle flores a meu avó, escribir historias dramáticas con detalles románticos, a medicina, a cor azul, a lúa, os cadros de Vicent Van Gogh e a película Ma ma, peitear a miña irmá, ir ao cine con miña nai, ensinarlle a lúa á miña curmá de dous anos e como ela me di inocentemente que a quere coller, ler libros de Marian Keys, escoitar refráns de miña tía, pasar vacacións en Barcelona, ver as fotos do viaxe a París, ver Anatomía de Grey ata fartar, os ollos marróns, as camisetas de cor   turquesa,  os zumes de laranxa, ter o armario ordenado os lunares, os bolígrafos  Bic, os Minións, as rosas azuis, as velas de olores e as tartarugas.
Non me gusta:
 A cor laranxa, a xente falsa, o boxeo, falar en inglés, escribir en cor negra, fregar os pratos, a sala de esperas de urxencias, as prendas de estampado animal, as arañas, o limón, as sabas de verán, as uñas de cores vivas, o olor do tipex, os aneis, as gorras, o twitter, a tenda Desigual, a aula de Tecnoloxía, os raios e tronos, a musica electrónica. Non me gustan os días de frío,os vasos grosos para beber, non conseguir a nota que desexo acadar nunha proba, os restaurantes s e chineses número tres.