15 de decembro de 2015

TEXTO MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS

 Sentada fronte á xanela cun xornal , La Región, aberto nunha noticia que dicía nova publicación de Marian Keys hay alguien hay fuera?, a verdade é que eu nin sequera estaba prestando atención ao que a miña escritora preferida acababa de lanzar ao mundo da lectura. Tiña a cabeza noutro lugar, quizais noutra dimensión,n o que estaba claro e que lonxe da biblioteca escolar do IES San Mamede. Atopábame como nunha nube sen saber que ese venres primaveral soaba de fondo  unha canción: Claro de lúa de Beethoven, por outro lado estaba a mestra de garda colocando uns libros no andel da dereita porque sentía o leve ruído que fai esa escaleira cando pos un pé nela. Á miña esquerda escoitaba a dous compañeiros criticar a unha das profesoras de Historia: dona Raquel, á que lle chamaban a Pitufa porque non sobre pasaba metro e medio de altura. Eu sentía como pasaba todo iso ao meu redor pero non era capaz de aterrar de regresar ao mundo real. De pronto sinto unha voz susurrante, vostede, Erica, pase para a clase que o segundo timbre está a piques de soar. Nese momento pechei o periódico metendo a páxina da publicación entre os libros para que non se decatase a encargada da biblioteca, entón  a mestura de soños que tiña na miña cabeza estoupou.


ENMEIGADO

       Sobre el dicían que pesaba unha maldición. Era alto, fino, adiñeirado e unha persoa moi cabal e consecuente. Ata o seu nome soaba a persoa asisada, parecía que levaba unha vida repleta de felicidade.
   Mais un día unha veciña algo rexoubeira comezou a desconfiar de certas saídas, e empezou a vixialo. Cada maña miraba pola fiestra para ver se xa saíra ou se seguía na casa e así pola tardiña e de novo o anoitecer, controlaba as horas que saía e as horas que botaba para logo ir ao conto con Lola que era a outra rexoubeira da aldea. Un día decátanse de que os xoves saía cada noite e non volvía ata o venres o amencer, regresaba con cara de cansazo esbrancuxado e con olleiras como se non houbera durmido nada en toda a noite.
   Un día Rosa lía decátase de que o don felicidade, o cabal e asisado Moíncho non regresa para a casa pero non fora como cada venres ó amencer, non, esta vez dérono por desaparecido. Agora Rosa lía e Lola o único que ven cada xoves na fiestra da casa de Moíncho, é un moucho  cunha cor marrón branca, destacan nel como se foran unha olleiras escuras.