11 de outubro de 2015

ASÍ SON EU


Gústame:
Vistas de  Barcelona  2014
 Xogar a fútbol, sacar fotos, pintar cadros con óleo, pasar tempo coas miñas amigas/os, compartir gustos musicais con Uxía a miña mellor amiga, durmir con miña avoa e levarlle flores a meu avó, escribir historias dramáticas con detalles románticos, a medicina, a cor azul, a lúa, os cadros de Vicent Van Gogh e a película Ma ma, peitear a miña irmá, ir ao cine con miña nai, ensinarlle a lúa á miña curmá de dous anos e como ela me di inocentemente que a quere coller, ler libros de Marian Keys, escoitar refráns de miña tía, pasar vacacións en Barcelona, ver as fotos do viaxe a París, ver Anatomía de Grey ata fartar, os ollos marróns, as camisetas de cor   turquesa,  os zumes de laranxa, ter o armario ordenado os lunares, os bolígrafos  Bic, os Minións, as rosas azuis, as velas de olores e as tartarugas.
Non me gusta:
 A cor laranxa, a xente falsa, o boxeo, falar en inglés, escribir en cor negra, fregar os pratos, a sala de esperas de urxencias, as prendas de estampado animal, as arañas, o limón, as sabas de verán, as uñas de cores vivas, o olor do tipex, os aneis, as gorras, o twitter, a tenda Desigual, a aula de Tecnoloxía, os raios e tronos, a musica electrónica. Non me gustan os días de frío,os vasos grosos para beber, non conseguir a nota que desexo acadar nunha proba, os restaurantes s e chineses número tres.

Ningún comentario:

Publicar un comentario