12 de xaneiro de 2016

A ESCRITA DOS NÚMEROS


   Noite de martes 13, frío e escuro xaneiro, trixésimo soño, rodeado de 2525 ganas de vivir, pero enfrontadas as 2524 forzas de morte .Unha persoa unha soa persoa, con un corazón invadido por dezaseis tumores..si así lle chamo tumores por que eses dores que sinto tan fortes e tan dentro eses dores que van a dez centímetros baixo pel, son dores tan grandes e tan fortes como un tumor que che queren quitar a vida en 0,1 segundos sen que ti te des de conta de que tras cada segundo a vida corre, hasta podendo dicir que voa. Desperto manteño cerrados durante dous segundos os ollos, doume de conta de que todo ese fora un soño, un soño de cinco minutos de vida

  
                                      

10 de xaneiro de 2016

DÚBIDAS LÉXICAS

Non sei se era cousa desa vila ou do pobo que a habitaba,  pero eu non era capaz de desenvolver o tema cultural que tiña preparado para a charla do día, estaba desenrolando o material do meu maletín, pois son un desastre e sempre se me acaba enredando todo que se este folio dobrado con aquel ou este de aquí con este outro e así sempre. Eu traballaba para unha compañía deses millonarios que non saben en que investir os cartos que ata se aburren, pero á parte para sacar uns cartiños de mais daba charlas de cultura por exemplo de relixións, tribos, etc.