13 de abril de 2016

HAI, AI,AÍ, HABER E A VER

  Esta tarde cando estaba sentada ao lado da fiestra esperando a ver se pasaba a miña filla para vir a botarme as gotas dos meus ollos enfermos, vin algo raro, un movemento estraño, estiven aí quieta durante un anaco a ver se alguén, ademais de min, o vira. Aí! De súpero, volvín ver esa sombra cruzar a praza. Medo non tiña pois cos meus oitenta anos os medos xa están espantados. Nesta cidade hai moitos sucesos raros que eu xa vin. De súpeto o reloxo da praza parou e canda el os meus ollos non volveron ver máis.


Ningún comentario:

Publicar un comentario