Amosando publicacións coa etiqueta COUSA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COUSA. Amosar todas as publicacións

15 de decembro de 2015

ENMEIGADO

       Sobre el dicían que pesaba unha maldición. Era alto, fino, adiñeirado e unha persoa moi cabal e consecuente. Ata o seu nome soaba a persoa asisada, parecía que levaba unha vida repleta de felicidade.
   Mais un día unha veciña algo rexoubeira comezou a desconfiar de certas saídas, e empezou a vixialo. Cada maña miraba pola fiestra para ver se xa saíra ou se seguía na casa e así pola tardiña e de novo o anoitecer, controlaba as horas que saía e as horas que botaba para logo ir ao conto con Lola que era a outra rexoubeira da aldea. Un día decátanse de que os xoves saía cada noite e non volvía ata o venres o amencer, regresaba con cara de cansazo esbrancuxado e con olleiras como se non houbera durmido nada en toda a noite.
   Un día Rosa lía decátase de que o don felicidade, o cabal e asisado Moíncho non regresa para a casa pero non fora como cada venres ó amencer, non, esta vez dérono por desaparecido. Agora Rosa lía e Lola o único que ven cada xoves na fiestra da casa de Moíncho, é un moucho  cunha cor marrón branca, destacan nel como se foran unha olleiras escuras.