10 de xaneiro de 2016

DÚBIDAS LÉXICAS

Non sei se era cousa desa vila ou do pobo que a habitaba,  pero eu non era capaz de desenvolver o tema cultural que tiña preparado para a charla do día, estaba desenrolando o material do meu maletín, pois son un desastre e sempre se me acaba enredando todo que se este folio dobrado con aquel ou este de aquí con este outro e así sempre. Eu traballaba para unha compañía deses millonarios que non saben en que investir os cartos que ata se aburren, pero á parte para sacar uns cartiños de mais daba charlas de cultura por exemplo de relixións, tribos, etc.


Ningún comentario:

Publicar un comentario